Campá de sinais (0) - Catedral de Santa María TUI (GALICIA)

Campá de sinais (0) - Catedral de Santa María - TUI (GALICIA)

(Referencia 6372)
  • Arquivo sonoro da campá
  • LocalizaciónTellado
    Diámetro (en cm)39
    Altura do bronce33
    Bordo4,5
    Peso aproximado (en quilogramos)34
    Ano de fundición1776
    DescricionA campá ten a inscrición habitual das campás galegas, aínda que moi abreviada. Di "IHS MARIA IJPH ANO DE I 7 7 6" que deberon escribir "IHS MARIA ET JOSEPH ANNO I776" e que se interpreta como JESÚS, MARIÁ E JOSÉ - ANO DE 1776. Como é habitual o nome de Jesús está escrito co seu anagrama en grego.
    Á parte de fóra ten unha imaxe de San Juan Bautista, e á de dentro unha cruz con pedestal.
    Non se indica o nome do autor, que é o mesmo que fixo a campá María do Santísimo Sacramento.
    Terzo (T)(Cordón) /
    "IHS MARIA IJPH ANO DE I 7 7 6" /
    (cordón)
    Medio (M)(00) (San Juan Bautista)
    (06) (cruz con pedestal) /
    (3 cordons)
    (Cordón)
    Toques tradicionais de campásSeguramente os sinais aos campaneros e ata o último toque de coro diario.
    Toques actuais de campásNon se toca.
    Estado actual(11) grande buraco no meio pé, producido seguramente pola saída dunha bala de grande calibre ou dun pedazo de metralla.
    Mal orientada (a cruz cara o interior)
    Mecanismos de toqueFerro
    PropostasPosiblemente o máis adecuado sería substituír o cepo de ferro por outro de madeira, que melloraría notablemente o son desta campá moi aguda. A madeira debería ser resistente á intemperie, pero a campá ten que permanecer en s mesmo lugar actual, que dá un aspecto característico á terraza da torre da Catedral.
    Do mesmo xeito un mecanismo debería tirar da soga, sen pór directamente un motor á campá, para manter o toque antigo así como ese perfil da torre. De ningún modo a campá debe voltear completamente e tampouco ser dotada de electromazo exterior.
    ProtecciónProtección xenérica ao atoparse nun BIC declarado. No entanto debería incoarse expediente de inclusión da campá e do cepo no Inventario Xeral de Bens Mobles, debido ao interese do conxunto.
    ValoraciónEn caso de rotura só pode ser soldada. Pode ser substituída por outra campá de distinta afinación.
    InstalaciónA instalación foi substituída e debe ser reconstruída para restaurar os valores sonoros e culturais do instrumento, asi como os toques tradicionais.

    Autors da documentación

    • ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc (11-09-2006)
    Editor da fichaÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc
    Actualización07-12-2016
    23 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)