Santa Bárbara (5) - Concatedral Basílica de Santa María VIGO (GALICIA)

Santa Bárbara (5) - Concatedral Basílica de Santa María - VIGO (GALICIA)

(Referencia 6369)
  • Arquivo sonoro da campá
  • LocalizaciónTorre norte
    Diámetro (en cm)97
    Altura do bronce85
    Bordo10
    Peso aproximado (en quilogramos)528
    FundidorRODRÍGUEZ, JUAN ANTONIO
    Ano de fundición1782
    DescricionA campá ten unha inscrición mal documentada na parte superior: "IHS S... DE VIGO I S BÁRBARA RO[...] POR NOS" Hai unha parte incompleta ao principio, que pode ser SALVADOR ou SEÑOR, mentres que a segunda falta está cuberta por defectos irreversibles de fundición. Seguramente querían pór ROGAD. É a primeira vez que atopamos a expresión NOS, no canto de NOBIS (en latín) ou NOSOTROS (en español).
    No medio hai, á parte exterior, unha cruz con pedestal.
    No medio pé interior unha imaxe de Santa Bárbara. Embaixo di "SE HIZO ANO DE I782 SIENDO PROCVRADOR GENERAL DN DIEGO DE MARZIA" que deberon escreber SE HIZO EL AÑO DE 1782 SIENDO PROCURADOR GENERAL DON DIEGO DE MARZIA.
    No pé, á parte interior, atópase a marca de fábrica, cunha firma tamén única: " # JVAN # ANTOU # / # RODRIGVEZ # / # FECIT # / # ME # " é dicir JUAN ANTONIO RODRIGUEZ FÍXOME. No entanto o habitual é pór, en latín, ME FECIT.
    Terzo (T)(Cenefa) /
    (cordón) /
    (cordón) /
    "IHS S... DE VIGO I S BARBARA RO[...] POR NOS" (As primeiras palabras non documentadas; a palabra RO con defecto de fundición que a fan ilegible.)/
    (cordón) /
    (cordón) /
    (cenefa)
    Medio (M)(00) (cruz con pedestal) /
    (2 cordóns)
    Medio pé (MP)(06) (Santa Bárbara) /
    (2 cordóns) /
    "SE HIZO ANO DE I782 SIENDO PROCVRADOR GENERAL DN DIEGO DE MARZIA" /
    (2 cordóns)
    (00) (marca de fábrica) " # JVAN # ANTO # / # RODRIGVEZ # / # FECIT # / # ME # "
    (2 cordóns)
    PrimaLab 4 +13
    HumFa# 3 -47
    TerceiraSi 4 -40
    QuintaFa# 5 -09
    OitavaSol 5 +15
    Toques tradicionais de campásRepiques circulares (virando o badalo dentro de todo o perímetro da campá)
    Toques actuais de campásRepique manual e con electromazo.
    CepoMadeira novo
    Estado actualNumerosos defectos de fundición na parte superior, que afectan ás decoracións e ao texto.
    Asas (non encaixadas no cepo novo).
    Desgaste de campá por toque circular do badalo.
    Mecanismos de toque(09) Electromazo - Badalo
    O cepo de madeira histórico foi substituído por un novo, de igual forma para todas as campás. O traballo foi realizado por CARESA en 2000.
    PropostasDebe substituírse o electromazo por un mecanismo, de gran velocidade de resposta, que tirase do badalo, mediante cable, e un gancho que puidese quitarse para repicar manualmente de xeito circular. O mecanismo pode ser hidráulico, como os utilizados na Catedral de València. O mecanismo estará utilizado no muro lateral, e tirará dun cable que pase pola polea correspondente. A solución, aparte de ser máis rápida e permitir o toque manual, é moito mais limpa visualmente.
    Igualmente debe dotarse ao badalo dunha fixación articulada que permita o repique circular sen límites. Os badalos deberán estar protexidos contra a oxidación.
    ProtecciónProtección xenérica ao atoparse nun BIC declarado. No entanto debería incoarse expediente para incluír a campá e a instalación orixinal no Inventario Xeral de Bens Mobles, debido ao interese do conxunto.
    ValoraciónEn caso de rotura só pode ser soldada. Pode ser substituída por outra campá de distinta afinación.
    InstalaciónA instalación é orixinal e é preciso conservala para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

    Autors da documentación

    Editor da fichaÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc
    Actualización27-10-2016
    43 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)