A Mariana menor (1) - Catedral de Santa María LUGO (GALICIA)

A Mariana menor (1) - Catedral de Santa María - LUGO (GALICIA)

(Referencia 4937)

Localización Sala de campás

Diámetro (en cm) 44

Altura do bronce 41

Bordo 5,5

Peso aproximado (en quilogramos) 49

Fundidor ALONSO DE VIADERO, DIONISIO

Ano de fundición 1719

Descricion As dúas campás pequenas ou "Marianas" son practicamente iguais en todo, coa única diferenza da cruz, que no caso da campá maior ten tres cravos. O resto é similar.
Na parte superior a campá leva a usual inscrición das campás galegas "IHS # MARIA # # # IOSEPH # ". IHS é o anagrama de Jesús en grego.
Na parte de fóra, no medio, hai unha cruz con pedestal.
No medio pé pon en latín "LAVDATE # DOMIИVM # IИ # CIMBALIS # BEИE SOИAИTIBVS # AИИO # I7I9 # " Usualmente escríbese xunto BENESONANTIBUS. A cita está tomada do salmo 150:5 "LAUDATE EUM IN CIMBALIS BENESONANTIBUS LAUDATE EUM IN CIMBALIS JUBILATIONIS OMNIS SPIRITUS LAUDET DOMINUM" (Ps 150:5) que significa ENCOMIÁDELLE (AO SEÑOR) CON CAMPÁS BEN AFINADAS (DE BO SON), ENCOMIÁDELLE CON CAMPÁS DE ALEGRÍA, TODO ESPÍRITO ENCOMIE AO SEÑOR.
A continuación pon en latín o ano de fundición: ANO 1719.
Debaixo, na parte exterior, está a marca de fábrica en monotipo, combinando o español e o latín: " # DIONISIO # ALONSO # MEFECIT # " é dicir DIONISIO ALONSO FÍXOME.

Terzo (T) (2 cordóns) /
"IHS # MARIA # # # IOSEPH # " /
(2 cordóns)

Medio (M) (00) (Cruz con pedestal) /
(cordón)

Medio pé (MP) (2 cordóns) /
"LAVDATE # DOMIИVM # IИ # CIMBALIS # BEИE SOИAИTIBVS # AИИO # I7I9 # " /
(2 cordóns) /
(00) (marca de fábrica en monotipo) " # DIONISIO # ALONSO # MEFECIT # "

Prima Mib 5 -11

Hum Sol 4 -06

Terceira Sib 5 +10

Quinta Do 6 -26

Oitava Sol 6 -04

Toques tradicionais de campás Posiblemente repique nada máis, sen mover a campá.

Toques actuais de campás Posiblemente repique nada máis, sen mover a campá.

Cepo Madeira

Estado actual Debaixo da campá hai diversas plantas verdes.

Mecanismos de toque Corda ao badalo que chega ata a outra campá pequena

Propostas A campá debe ser limpada, por dentro e por fóra, para recuperar a sonoridad orixinal.
O cepo de madeira debe ser restaurado.
Debe utilizarse pintura adecuada para a protección da madeira e que ao mesmo tempo permita que respire.
En ningún caso debe ser dotada de electromazo externo.

Protección Protección xenérica ao atoparse nun BIC declarado. No entanto debería incoarse expediente para incluír a campá e a instalación orixinal no Inventario Xeral de Bens Mobles, debido ao interese do conxunto.

Valoración En caso de rotura só pode ser soldada. Pode ser substituída por outra campá de distinta afinación.

Instalación A instalación é orixinal e é preciso conservala para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

Editor da ficha ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc

Actualización 24-10-2016


31 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Autores de la documentación

    Editor ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc

    Fecha actualización 24-10-2016


    31 fotos

  • Ficha reducida (PDF)