San Luis (6) - Catedral do Apóstolo Santiago - SANTIAGO DE COMPOSTELA (GALICIA)
| (Referencia 4923) | |
|---|---|
![]() | |
| Localización | Torre das campás |
| Diámetro (en cm) | 147 |
| Altura do bronce | 105 |
| Bordo | 12 |
| Peso aproximado (en quilogramos) | 1204 |
| Fundidor | VÉLEZ DE PALACIO, JUAN |
| Ano de fundición | 1675 |
| Descricion | Na parte superior di en latín e en español "SANTAMARIA ✱ SALOMEI ✱ ORAPRONOBIS ✱ SIENDOARCOBISPO ✱ ELSDONANDRESXIRON ✱ YFABRIQVEROELCANONYGO ✱ IOSEPH ✱ DEVEGA ✱ BERDVGO ✱ ANODEI67S ✱ " que hoxe escribiriamos en latín "SANCTA MARIA SALOME ORA PRO NOBIS" é dicir SANTA MARÍA SALOMÉ ROGA POR NÓS. O resto de inscripción sería actualmente SIENDO ARZOBISPO EL SEÑOR DON ANDRES GIRON Y FABRIQUERO EL CANONIGO JOSE DE VEGA BERDUGO. AÑO DE 1675. Andrés GIRÓN foi arcebispo de Santiago entre 1670 e 1681. Hai unha pequena cruz grega á dereita, que debería estar no interior da torre, e unha gran cruz con pedestal e tres clavos, rodeada doutras cruces menores á esquerda, que debería figurar ao exterior. Non se indica o nome do fundidor da campá. |
| Terzo (T) | (2 cordóns) / "SANTAMARIA ✱ SALOMEI ✱ ORAPRONOBIS ✱ SIENDOARCOBISPO ✱ ELSDONANDRESXIRON ✱ YFABRIQVEROELCANONYGO ✱ IOSEPH ✱ DEVEGA ✱ BERDVGO ✱ ANODEI67S ✱ " / (2 cordóns) |
| Medio (M) | (03) (Cruz grega pequena) (09) (Cruz con pedestal, tres cravos e dúas cruces pequenas aos lados do pedestal - Unha e tres cruces pequenas por encima) |
| Medio pé (MP) | (3 cordóns) |
| Pé | (Cordón) |
| Prima | Do 4 +00 |
| Hum | Sol 2 +00 |
| Terceira | Fa# 4 -37 |
| Oitava | Do 5 -07 |
| Toques tradicionais de campás | Esta campá naceu como "Santa María Salomé" cando se fundíu. Trocouse de nome e hoxe chámase "San Luís" por motivos descoñecidos. Participaba no toque de defuntos simple e o toque de defuntos solemne. |
| Toques actuais de campás | Toques automáticos de festa e de defuntos |
| Cepo | Madeira |
| Estado actual | Defectos de fundición nos ombreiros. A campá foi virada un cuarto de volta, sen que existan causas de desgastar que o motiven. Soporte moderno e barra antiga de reforzamento do cepo. Conserva o badalo, terminado en ollal, que foi cortado, pasado pola asa badaleira e volto a soldar; dese modo pega demasiado alto, con perigo de rotura da campá. O cepo e as asas da campá foron recubertos de fibra de vidro pintada de verde, seguramente para protexelo. A medio prazo destruirá de xeito irremediable o conxunto de madeira e ferro. A campá ten diversos grafitos: letras maiúsculas, probablemente iniciais de campaneiros: "J L", "José A. / Puente / M J28-I-54." O día 28 de xaneiro de 1954 foi xoves. "Flor", "RM". En 2014 o electromazo ten pintado o número 2. Está demasiado próximo á campá. O eixe do electromazo está saído do seu sitio. |
| Mecanismos de toque | Electromazo monofásico exterior de dobre bobina; electromazo trifásico interior |
| Protección | Protección xenérica ao atoparse nun BIC declarado. No entanto debería incoarse expediente para declarala Ben Moble de Interese Cultural. |
| Valoración | En caso de rotura soamente pode ser soldada. Pode ser remplazada por unha réplica. |
| Instalación | A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais. |
Autors da documentación
| |
| Editor da ficha | TROIANO CARRIL, Xosé |
| Actualización | 17-11-2025 |
| 77 Fotos | |
