Maior - Igrexa de Santa Mariña de Congostro. - RAIRIZ DE VEIGA (GALICIA)
(Referencia 27745)
(Referencia 27745)


Localización Espadana
Diámetro (en cm) 63
Altura do bronce 60
Peso aproximado (en quilogramos) 145
Fundidor RUIZ
Ano de fundición 1861
Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1861 por Ruiz en Castrelo do Val (Ourense).
Hombreiro (H) 3 cordóns.
Terzo (T) 2 cordóns /
JHS ⁎ MARIA ⁎ Y ⁎ JOSE ⁎ ANO ⁎ DE ⁎ 1861 ⁎ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Dous cirios flanquean o pedestal. Os brazos do patibulum teñen remates a modo de potenzada e no alto da stipes unha cartela coas siglas INRI. Tres cravos curvos saen da cruz significando que Cristo foi desencravado. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Pé 4 cordóns (1+3).
Cepo Xugo de madeira en mal estado.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 27-07-2026