Menor. - Igrexa de San Vicenzo de Infesta MONTERREI (GALICIA)

Menor. - Igrexa de San Vicenzo de Infesta - MONTERREI (GALICIA)

(Referencia 27458)

Localización Espadana

Fundidor RUIZ

Ano de fundición 1863

Descricion Campá menor pendurada no oco esquerdo da espadana. Fundida en 1863 por Ruiz en Castrelo do Val, Ourense.

Hombreiro (H) 4 cordóns.

Terzo (T) 2 cordóns /
JHS ⁎ MARIA ⁎ Y ⁎ JOSE ⁎ ANO ⁎ DE ⁎ 1863 ⁎ /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Dous cirios flanquean o pedestal. Brazos con remates a modo de potenzada. Enriba da stipes presenta unha cartela coas siglas INRI. Ten tres cravos curvos significando que Cristo está desencravado. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto presenta a figura de Santa Bárbara.

Medio pé (MP) 3 cordóns.

3 cordóns.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cunha corda.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 16-05-2026


  • Ficha reducida (PDF)
  • Autores de la documentación

    Editor TROIANO CARRIL, Xosé

    Fecha actualización 16-05-2026


  • Ficha reducida (PDF)