| Localización |
Espadana |
|---|
| Diámetro (en cm) |
49.5 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
70 |
|---|
| Fundidor | RUIZ |
|---|
| Ano de fundición |
1891 |
|---|
| Descricion |
Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1891 por Ruiz en Castrelo do Val, Ourense. |
|---|
| Hombreiro (H) |
3 cordóns |
|---|
| Terzo (T) |
2 cordóns /
JHS ⁎ MARIA ⁎ Y ⁎ JOSE ⁎ ANO ⁎ DE ⁎ 1891 ⁎ /
2 cordóns. |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz cun pedestal de dous chanzos con decoración interior de estrelas de oito puntas. Brazos con remates a modo de potenzada. Enriba da stipes presenta unha cartela coas siglas INRI. Ten tres cravos rectos significando que Cristo está Crucificado.
No lado oposto presenta unha figura, posiblemente, de Inmaculado Sagrado Corazón. |
|---|
| Medio pé (MP) |
3 cordóns. |
|---|
| Pé |
5 cordóns. |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Badalo cunha cadea. |
|---|
| Valoración |
Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais. |
|---|
Autors da documentación- HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luis & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (24-04-2026)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
25-04-2026 |
|---|
| 5 Fotos |
|---|