Menor. - Capela da Virxe de Montserrat. - LALÍN (GALICIA)
| (Referencia 27349) | |
|---|---|
![]() | |
| Localización | Torre-campanario |
| Diámetro (en cm) | 55 |
| Peso aproximado (en quilogramos) | 96 |
| Fundidor | TABOADA, JESÚS (MONEIXAS) |
| Ano de fundición | 1895 |
| Descricion | Campá menor pendurada do oco dereito da torre-campanario. Fundida en 1895 por Jesús Taboada en Moneixas, Lalín (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 55 cm de diámetro. |
| Terzo (T) | 1 cordón / JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1895 ⁎ ⁎⁎ ⁎⁎ / 1 cordón. |
| Medio (M) | Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes e outro por enriba do patibulum. |
| Medio pé (MP) | 2 cordóns. |
| Cepo | Xugo de madeira en moi mal estado. |
| Mecanismos de toque | Badalo. |
| Valoración | Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
| Instalación | A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais. |
| Observacións | Necesítase restauralo xugo, xa que está caído sobre a campá. |
Autors da documentación
| |
| Editor da ficha | TROIANO CARRIL, Xosé |
| Actualización | 17-04-2026 |
| 6 Fotos | |
