
Localización Espadana
Diámetro (en cm) 60
Peso aproximado (en quilogramos) 125
Fundidor RUIZ
Ano de fundición 1864
Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1864 por Ruiz en Castrelo do Val, Ourense. Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro.
Terzo (T) 2 cordóns /
JHS ⁎ MARIA ⁎ Y ⁎ JOSE ⁎ ANO ⁎ DE ⁎ 1864 ⁎ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Dous cirios flanquean o pedestal. Os brazos teñen remates a modo de potenzada. Enriba da stipes ten unha cartela coas siglas INRI. Ten tres cravos curvos significando que Cristo está descrucificado. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto superior presenta unha figura de Santa Bárbara e no lado inferior presenta sinete coa inscrición: "⁎POR⁎RUIZ⁎".
Medio pé (MP) 3 cordóns grosos /
5 cordóns finos.
Pé 5 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 13-04-2026
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha actualización 13-04-2026