Menor - Igrexa e convento da Mercé de Verín VERÍN (GALICIA)

Menor - Igrexa e convento da Mercé de Verín - VERÍN (GALICIA)

(Referencia 27217)

Localización Torre-campanario

Diámetro (en cm) 61

Peso aproximado (en quilogramos) 131

Fundidor RUIZ

Ano de fundición 1900

Descricion Campá menor pendurada do oco dereito da torre-campanario. Fundida en 1900 por Ruiz, de Castrelo do Val (Ourense).

Hombreiro (H) 4 cordóns.

Terzo (T) Greca triangular con decoración interior dunha estrela de oito puntas. /
2 cordóns /
JHS ⁎ MARIA ⁎ Y ⁎ JOSE ⁎ ANO ⁎ DE ⁎ 1900 ⁎ ⁎ ⁎ ⁎ /
2 cordóns /
greca triangular con decoración interior dunha estrela de oito puntas.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Dous cirios flanquean o pedestal. Os brazos teñen remates a modo de potenzada. Enriba da stipes unha cartela coas siglas INRI. Tres cravos rectos saen dos brazos da cruz significando que Cristo está Crucificado. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto inferior presenta a figura da Virxe da Mercé.

Medio pé (MP) 3 cordóns /
greca triangular e inscrición: "⁎VIRGEN DE LAS MERCEDES⁎". A "V" está ó revés.

Greca triangulas e inscrición: "⁎POR⁎RUIZ⁎" /
2 cordóns /
greca triangular con decoración interior dunha estrela de oito puntas.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Combinación de badalo e electro-mazo interior.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 24-03-2026


13 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Autores de la documentación

    Editor TROIANO CARRIL, Xosé

    Fecha actualización 24-03-2026


    13 fotos

  • Ficha reducida (PDF)