
Localización Espadana
Diámetro (en cm) 50
Peso aproximado (en quilogramos) 72
Fundidor DE LA SOTA GONZÁLEZ, JOSÉ
Ano de fundición 1904
Descricion Campá única pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1904 por José de la Sota, en Lugo. Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro.
Terzo (T) 3 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1904 /
2 cordóns /
greca triangular cos vertices cara abaixo.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de dous chanzos e no centro do pedestal unha figura. Os brazos teñen remates flamexados. Dous pares cordóns cinguen pola metade da stipes e por debaixo do patibulum.
No lado oposto vemos que esta campá foi reparada cunha soldadura que vai dende o medio ata o pé. Por debaixo dos cordóns presenta un escudo e sinete rectangular coa inscrición: "JOSE DE LA SOTA / FUNDIDOR DE CAMPANAS / LUGO".
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Pé 2 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 15-03-2026
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha actualización 15-03-2026