
Localización Espadana
Diámetro (en cm) 50
Peso aproximado (en quilogramos) 72
Fundidor OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)
Ano de fundición 1956
Descricion Campá menor pendurada no oco esquerdo da espadana. Fundida en 1956 polos Ocampo, en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (A Estrada). Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro. Campá xirada 90º. A súa cruz debería mirar cara a entrada como manda a tradición.
Terzo (T) Greca /
1 cordón /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1956 /
1 cordón.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal e brazos con remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 1 cordón /
DONADA POR D RAMON TATO COLLAZO /
1 cordón.
Pé Presenta sinete rectangular coa inscrición: "FABRICADO POR / OCAMPO EN ARCOS / DE LA CONDESA".
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cun arame.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 21-02-2026