Maior - Capela da Nosa Señora da Regla - A ESTRADA (GALICIA)

(Referencia 26750)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 55
Peso aproximado (en quilogramos) 96
FundidorPALACIO; LISTE (CASTROVITE) (PARROQUIA DE ORAZO)
Ano de fundición 1866
Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1866 por Palacio e Liste, en San Pedro de Orazo, A Estrada (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 55 cm de diámetro.
Terzo (T) 2 cordóns /
IHS Mᴬ Y JOSE ANO DE 1866 ⁎ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior vexetal e xeométrica. Os brazos teñen remates lanceolados. Un cordón cingue pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 2 cordóns /
ѧ PALACIO Y LISTE EN ORAZO ѧ /
2 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (19-01-2026)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 28-01-2026
8 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)