| Localización |
Espadana |
|---|
| Diámetro (en cm) |
60 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
125 |
|---|
| Fundidor | DE LA SOTA LÓPEZ, JUAN MARÍA |
|---|
| Ano de fundición |
1877 |
|---|
| Descricion |
Campá única pendurada do oco único da espadana. Fundida en 1877 por Juan María de la sota, en Lugo. Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro. |
|---|
| Terzo (T) |
3 cordóns /
JHS NTRA SRA DEL CARMEN ANO DE 1877 /
2 cordóns. |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz cun pedestal de seis chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior dunha estrela de oito puntas. O pedestal está flanqueado por dous cirios. Os brazos da cruz teñen remates a modo de potenzada e a stipes na súa parte inferior está feita por dúas imaxes, unha Santa Bárbara e unha Custodia. |
|---|
| Medio pé (MP) |
4 cordóns. |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira en mal estado. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Badalo cunha cadea. |
|---|
| Valoración |
Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais. |
|---|
Autors da documentación- TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (13-12-2025)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
15-12-2025 |
|---|
| 8 Fotos |
|---|