Única. - Capela da Virxe da Valvanera. CAMBADOS (GALICIA)

Única. - Capela da Virxe da Valvanera. - CAMBADOS (GALICIA)

(Referencia 26353)
LocalizaciónEspadana
Diámetro (en cm)55
Peso aproximado (en quilogramos)96
FundidorBLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS)
Ano de fundición1930
DescricionCampá única pendurada do oco unico da espadana. Fundida en 1930 por Gregorio Blanco en Monforte de Lemos. Ten unha medida estimada duns 55 cm de diámetro. Campá xirada 180º. A súa cruz debería mirar cara fóra e non cara o interior ou tellado, segundo manda a tradición.
Terzo (T)3 cordóns /
JHS Y MARIA ANO DE 1930 /
2 cordóns.
Medio (M)Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Tres cordóns (groso-fino-groso) cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP)3 cordóns.
Presenta sinete rectangular coa inscrición: "Balnco Me hizo / MONFORTE" /
1 cordón.
CepoXugo de madeira.
Mecanismos de toqueCombinación de badalo cun arame e electro-mazo interior.
ValoraciónPódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
InstalaciónA instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • CARRERA, Anxo & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (26-10-2025)
Editor da fichaTROIANO CARRIL, Xosé
Actualización28-10-2025
7 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)