Maior. - Igrexa de San Salvador de Sande CARTELLE (GALICIA)

Maior. - Igrexa de San Salvador de Sande - CARTELLE (GALICIA)

(Referencia 26242)
LocalizaciónTorre-campanario
Diámetro (en cm)65
Peso aproximado (en quilogramos)159
FundidorRUIZ
Ano de fundición1873
DescricionCampá maior pendurada do oco dereito da torre-campanario. Fundida en 1873 por Ruiz, de Castrelo do Val (Ourense). Ten unha medida estimada duns 65 cm de diámetro.
Terzo (T)2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1873 /
2 cordóns.
Medio (M)Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos flanqueado por dous cirios. Os brazos do patibulum rematados a modo de potenzada e o brazo da stipes rematado cunha cartela coas siglas INRI. Tres cravos curvos saen da cruz, significado de que Xesús xa foi descrucificado. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto inferior, presenta a figura dunha Santa Bárbara e debaixo a inscrición: " POR RUIZ".
Medio pé (MP)2 cordóns /
PARROQUIA DE SAN SALVADOR DE SANDE /
2 cordóns.
2 cordóns.
CepoXugo de madeira.
Mecanismos de toqueBadalo cunha corda.
ValoraciónCampá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
InstalaciónA instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • MOURE, Xabier & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (16-09-2025)
Editor da fichaTROIANO CARRIL, Xosé
Actualización21-09-2025
2 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)