Menor. - Igrexa de Santa María de Frades - A ESTRADA (GALICIA)

(Referencia 26087)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 65
Peso aproximado (en quilogramos) 159
FundidorOCAMPO, HERMANOS
Ano de fundición 1974
Descricion Campá menor pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1974 polos Irmáns Ocampo de Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra).
Terzo (T) Greca /
1 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1974 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Presenta sinete circular coa inscrición: "HERMANOS OCAMPO / METALES FINOS / Fundidor de Campanas / PONTEVEDRA / CALDAS DE REYES / ARCOS DE LA CONDESA".
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé & TÚÑEZ TANOIRA, Pedro Daniel / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (18-08-2025)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 19-08-2025
4 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)