Menor. - Igrexa de Santa Baia de Ribadumia - RIBADUMIA (GALICIA)
(Referencia 26015)
(Referencia 26015)


Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 86
Peso aproximado (en quilogramos) 368
Fundidor QUINTANA, CAMPANAS
Ano de fundición 1993
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da torre-campanario. Fundida en 1993 por "Campanas Quintana" en Saldaña, Palencia. Está xirada 180º, a súa cruz mira cara adentro cando debería mirar cara fóra, como manda a tradición.
Terzo (T) 1 cordón /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1993 /
1 cordón /
greca vexetal /
1 cordón.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos.
No lado oposto presenta sinete ovalado coa inscrición: "Campanas Quintana / me hizo / Saldaña Palencia / España".
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Cepo Xugo de ferro.
Mecanismos de toque Combinación de badalo e electro-mazo interior.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 07-08-2025