Menor. - Igrexa de San Martiño de Meis - MEIS (GALICIA)

(Referencia 25993)

Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 85
Peso aproximado (en quilogramos) 356
FundidorOCAMPO, JUAN (ARCOS DA CONDESA)
Ano de fundición 1950
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da torre-campanario. Fundida en 1950 por Juan Ocampo en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra).
Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1950 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen polo metade da stipes.
Medio pé (MP) 4 cordóns.
Presenta sinete circular coa inscrición: "JUAN OCAMPO / METALES FINOS / Fundidor de Campanas / PONTEVEDRA / CALDAS DE REYES".
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Combinación de badalo e dous electro-mazos interiores.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé & VIEITES PAZ, Rogelio / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (01-08-2025)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 02-08-2025
4 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 25-01-2026

    Connectats: 82 Visitants: 81 Usuaris: 1 - francesc