
Localización Espadana
Diámetro (en cm) 60
Peso aproximado (en quilogramos) 125
Fundidor BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS)
Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida por Gregorio Blanco en Monforte de Lemos. Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro. Non puidemos ollar a súa data.
Terzo (T) 3 cordóns /
JHS Y MARIA ANO DE 19?? /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Pé 1 cordón.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 08-07-2025
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha actualización 08-07-2025