Maior - Igrexa de San Pedro de Ourille VEREA (GALICIA)

Maior - Igrexa de San Pedro de Ourille - VEREA (GALICIA)

(Referencia 25714)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 65
Peso aproximado (en quilogramos) 159
FundidorRUIZ, JOSÉ
Descricion Campá maior pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida por José Ruiz en Castrelo do Val (Ourense). Non puidemos olla-la súa data. Ten unha medida estimada duns 65 cm de diámetro. (Xirada 180º) Ten a imaxe da cruz cara dentro cando debía de estar mirando cara o adro, segundo a tradición.
Terzo (T) 3 cordóns /
◀JHS▶ ◀JESUS▶ ◀Y▶ ◀MARIA▶ ◀ANO▶ ◀DE▶ ◀19??▶ /
2 cordóns /
greca triangular cos vértices cara abaixo.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos. No lado oposto figura da Virxe.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
4 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cun arame.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (13-05-2025)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 18-05-2025
2 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)