
Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 50
Peso aproximado (en quilogramos) 72
Fundidor BLANCO LEMOS, ANTONIO
Ano de fundición 1961
Descricion Campá menor pendurada do oco dereito da torre-campanario. Fundida en 1961 por Antonio Blanco en Monforte de Lemos, Lugo. Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro.
Terzo (T) 3 cordóns /
JHS Y MARIA ANO DE 1961 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de cataro estrelas de oito puntas. Os brazos da cruz teñen remates Flamexados. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto superior presenta a figura de Santa Bárbara e na inferior un sinete rectangular coa inscrición: "FUNDICION / DE / Antonio Blanco / MONFORTE".
Medio pé (MP) 5 cordóns (2+3).
Pé 1 cordón.
Cepo Non ten. Pendurada de dous eixos varóns.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 09-04-2025
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha actualización 09-04-2025