| Localización |
Torre-campanario |
|---|
| Diámetro (en cm) |
80 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
296 |
|---|
| Fundidor | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) |
|---|
| Ano de fundición |
2011 |
|---|
| Descricion |
Campá maior pendurada do oco frontal da torre-campanario. Fundida en 2011 polos Ocampo de Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 80 cm de diámetro. |
|---|
| Terzo (T) |
Greca /
1 cordón /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 2011 /
1 cordón. |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz con pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Un cordón ancho cingue pola metade da stipes. |
|---|
| Medio pé (MP) |
Presenta un sinete rectangular coa inscrición: "ME HIZO OCAMPO EN / ARCOS DA CONDESA / PONTEVEDRA" /
2 cordóns. |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Combinación de badalo cunha corda e electro-mazo interior. |
|---|
| Valoración |
Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais. |
|---|
Autors da documentación- TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (09-01-2025)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
13-01-2025 |
|---|
| 3 Fotos |
|---|