Menor - Parroquia de San Vicenzo de Cuns CORISTANCO (GALICIA)

Menor - Parroquia de San Vicenzo de Cuns - CORISTANCO (GALICIA)

(Referencia 24873)

Localización Espadana

Diámetro (en cm) 55

Peso aproximado (en quilogramos) 96

Fundidor OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)

Ano de fundición 1919

Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1919 polos Ocampo de Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 55 cm de diámetro.

Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE AИO DE 1919 /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feita a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 4 cordóns.

Presenta sinete rectangular coa inscrición: "FABRICADO POR OCAMPO / EN ARCOS DE LA CONDESA".

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Combinación de badalo cunha corda e electro-mazo exterior.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 10-11-2024


5 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Autores de la documentación

    Editor TROIANO CARRIL, Xosé

    Fecha actualización 10-11-2024


    5 fotos

  • Ficha reducida (PDF)