
Localización Espadana
Diámetro (en cm) 55
Peso aproximado (en quilogramos) 96
Fundidor DE LA SOTA LÓPEZ, JUAN MARÍA
Ano de fundición 1882
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1882 por Juan María de la Sota en Lugo. Ten unha medida estimada duns 55 cm de diámetro.
Terzo (T) 3 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1882 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos da cruz teñen remates flamexados. Flanqueando ó pedestal dous cirios cunha imaxe de Santa Bárbara á dereita e unha Custodia á esquerda. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto presenta sinete coa inscrición: "Juan Mª de la Sota me hizo / LUGO".
Medio pé (MP) 4 cordóns.
Pé 1 cordón.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 05-11-2024
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha actualización 05-11-2024