Mediana - Igrexa de San Lourenzo de Vilatuxe - LALÍN (GALICIA)
(Referencia 24301)
(Referencia 24301)


Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 65
Peso aproximado (en quilogramos) 159
Fundidor ANÓNIMO (GALICIA)
Descricion Campá mediana pendurada do oco esquerdo da torre-campanario. Fundida por autor anónimo. Ten unha medida estimada duns 65 cm de diámetro.
Terzo (T) 2 cordóns /
IHS MARIA Y JOSE AͶO DE 1?24 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior dunha estrela de oito puntas. Os brazos están feitos de rombos coa mesma decoración do pedestal. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Cepo Xugo de ferro.
Mecanismos de toque Badalo.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 29-09-2024