Maior. - Igrexa de Santa María de Basadre AGOLADA (GALICIA)

Maior. - Igrexa de Santa María de Basadre - AGOLADA (GALICIA)

(Referencia 23530)

Localización Espadana

Diámetro (en cm) 70

Peso aproximado (en quilogramos) 199

Fundidor OCAMPO, JUAN (ARCOS DA CONDESA)

Ano de fundición 1939

Descricion Campá maior pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1939 porJuan Ocampo en Arcos da Condesa, Caldas de reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 70 cm de diámetro.

Terzo (T) 2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1939 /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 2 cordóns /
M. COSTA SIENDO CURA DOM JESUS PARE… /
2 cordóns.

Presenta sinete circular coa inscrición: "JUAN OCAMPO / METALES FINOS / Fundidor de Campanas / PONTEVEDRA / CALDAS DE REYES".

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 28-06-2024


5 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)