
Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 60
Peso aproximado (en quilogramos) 125
Fundidor BLANCO PAZ, ANTONIO
Ano de fundición 1845
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da torre-campanario. Fundida en 1845 por Antonio Blanco Paz en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro.
Terzo (T) 2 cordóns /
JHS ⁎ MARIA ⁎ Y JOSE ⁎ ANO ⁎ DE ⁎ 1845 ⁑⁑ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados.
Medio pé (MP) 2 cordóns /
SE HIZO SIENDO ABAD DN ⁎ DOMINGO ⁎ TORES ⁎ … ⁎ DE ⁎ SANTA ⁎ MARIA ⁎ DE ⁎ COUSO ⁎ ⁎ /
2 cordóns,
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 25-05-2024
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha actualización 25-05-2024