Maior. - Igrexa de San Pedro de Ribas Altas - MONFORTE DE LEMOS (GALICIA)

(Referencia 23279)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 60
Peso aproximado (en quilogramos) 125
FundidorBLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS)
Ano de fundición 1904
Descricion Campá maior pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida por Gregorio Blanco en Monforte de Lemos. Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro.
Terzo (T) 2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1904 ★ /
2 cordóns /
greca vexetal.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto, tres figuras, á esquerda presenta a figura de San Pedro, no centro a figura de Santa Bárbara e á dereita a figura de Santiago Apóstolo montado a cabalo. Debaixo das figuras un sinete rectangulaar coa inscrición: "Blanco Me hizo / MONFORTE".
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Cepo Xugo mixto de madeira e pedra.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (11-04-2024)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 07-10-2025
2 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)