
Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 100
Peso aproximado (en quilogramos) 579
Fundidor LISTE PEREIRAS, JUAN (PARROQUIA DE ORAZO)
Ano de fundición 1887
Descricion Campá maior pendurada do oco frontal da torre-campanario. Fundida en 1887 por Juan Liste en Orazo, A Estrada (Pontevedra).Ten unha medida estimada dun metro de diámetro.
Terzo (T) 2 cordóns /
JHS Mᴬ Y JOSE Sᴺ MARTIN Y S.ᵀᴬ BARBARA ANO D 1887 ѧ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior vexetal (pétalos). Os brazos teñen remates a modo de potenzada. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 2 cordóns /
inscrición /
2 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 17-03-2024
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha actualización 17-03-2024