Maior. - Ermida de Santa Mariña de Orazo A ESTRADA (GALICIA)

Maior. - Ermida de Santa Mariña de Orazo - A ESTRADA (GALICIA)

(Referencia 22943)
LocalizaciónEspadana
Diámetro (en cm)55
Peso aproximado (en quilogramos)96
FundidorOCAMPO (ARCOS DA CONDESA)
Ano de fundición1929
DescricionCampá maior pendurada da espadana da ermida de Santa Mariña. Fundida en 1929 polos Ocampo de Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 55 cm de diámetro.
Terzo (T)Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1929 /
2 cordóns.
Medio (M)Presenta unha cruz con pedestal de tres chanzos feitas a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns finos cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP)3 cordóns.
Presenta un sinete rectangular coa inscrición: "FABRICADO POR OCAMPO / EN ARCOS DE LA CONDESA".
CepoXugo de madeira.
Mecanismos de toqueBadalo cunha corda.
ValoraciónCampá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
InstalaciónA instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (17-01-2024)
Editor da fichaTROIANO CARRIL, Xosé
Actualización20-01-2024
4 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)