
Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 46
Altura do bronce 41
Peso aproximado (en quilogramos) 56
Fundidor BLANCO PAZ, ANTONIO
Ano de fundición 1849
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da torre-campanario. Fundida en 1849 por Antonio Blanco Paz en Arcos da Condesa, Caldas de reis (Pontevedra).
Campá fendida á altura do terzo e tamén presenta unha soldadura dende o terzo ata o pé.
Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1849 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo sen nengunha corda.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 10-12-2023
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha actualización 10-12-2023