Menor - Igrexa de San Bartolomeu de Corvelle - VILALBA (GALICIA)
| (Referencia 22505) | |
|---|---|
| |
| Localización | Torre-campanario |
| Diámetro (en cm) | 60 |
| Peso aproximado (en quilogramos) | 125 |
| Fundidor | BLANCO PALACIOS, ANTONIO (MONDOÑEDO) |
| Ano de fundición | 1886 |
| Descricion | Campá menor pendurada do oco dereito da torre-campanario. Fundida por Antonio Blanco Palacios en Mondoñedo. Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro. |
| Terzo (T) | 2 cordóns / JEᲷUS MA Y JOSE A NO DE 1886 ѧ / 2 cordóns. |
| Medio (M) | Presenta unha cruz cun pedestal formado a base dunha figura de Santa Bárbara e o sinete coa inscrición "ME HIZO ANTº / BLANCO Pᴸᴼᶳ / EL MINDONIENSE". Os brazos da cruz teñen remates a modo de potenzada. Ten unha decoración vexetal (pétalos). Dous cordóns cinguen pola metade da stipes. |
| Medio pé (MP) | 3 cordóns. |
| Pé | 1 cordón. |
| Cepo | Xugo de madeira e pedra. |
| Mecanismos de toque | Combinación de badalo con cadea e electro-mazo interior. |
| Valoración | Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
| Instalación | A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais. |
| Editor da ficha | TROIANO CARRIL, Xosé |
| Actualización | 28-09-2024 |
| 4 Fotos | |