Única. - Capela de San Pedro de Follente ZAS (GALICIA)

Única. - Capela de San Pedro de Follente - ZAS (GALICIA)

(Referencia 22020)

Localización Espadana

Diámetro (en cm) 45

Peso aproximado (en quilogramos) 53

Fundidor LISTE PEREIRAS, JUAN (PARROQUIA DE ORAZO)

Ano de fundición 1886

Descricion Campá única pendurada da pequena espadana da capela de San Pedro. Fundida en 1886 por Juan Liste en Orazo (A Estrada). Ten unha medida estimada duns 45 cm de diámetro.

Terzo (T) 2 cordóns /
IHS Mᴬ Y JOSE AͶO D 1886 ѧ /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de 3 chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de estrelas e motivos xeométricos. Os brazos teñen remates a modo de potenzada. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 2 cordóns /
ѧ LISTE EͶ ORAZO ѧ /
2 cordóns.

Cepo Xugo de madeira en mal estado.

Mecanismos de toque Badalo cunha corda.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 25-09-2023


8 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Editor TROIANO CARRIL, Xosé

    Fecha actualización 25-09-2023


    8 fotos

  • Ficha reducida (PDF)