Maior. - Igrexa de San Miguel de Presqueiras FORCAREI (GALICIA)

Maior. - Igrexa de San Miguel de Presqueiras - FORCAREI (GALICIA)

(Referencia 20775)

Localización Espadana

Fundidor OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)

Ano de fundición 1925

Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1925 polos Ocampo en Arcos da Condesa (Caldas de Reis, Pontevedra).

Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1925 /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de 5 chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de 4 estrelas. Os brazos teñen remates flamexados. Un cordón cingue pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 4 cordóns.

Presenta sinete rectangular coa inscrición: FABRICADO POR OCAMPO / EN ARCOS DE LA CONDESA.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 13-04-2023


3 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Autores de la documentación

    Editor TROIANO CARRIL, Xosé

    Fecha actualización 13-04-2023


    3 fotos

  • Ficha reducida (PDF)