Campá pequena (1) - Igrexa de Santa Mariña de Sillobre - FENE (GALICIA)
(Referencia 18943)
(Referencia 18943)


Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 60
Peso aproximado (en quilogramos) 125
Fundidor BLANCO, EMILIO (XUBIA)
Ano de fundición 1886
Descricion Campá menor pendurada do oco traseiro da torre-campanario. Fundida en 1886 por Emilio Blanco en Xubia, Narón (A Coruña).
Terzo (T) 2 cordóns /
JESUS MARIA Y JOSE ANO DE 1886 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de catro chanzos feitas a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 05-12-2023