Vídeo | Para descargar o vídeo | Autors da documentación | GALICIA NO SEU PUNTO | Título | As campás | Data | 19-04-2016 | Duración | 34:37 | Clase | fabricación de campanas | Observacións |
Os expertos aseguran que foron o primeiro medio de comunicación do poder para se relacionar cos veciños. O programa comezará en Bastavales, cuxas campás invocaba Rosalía no seu poema. A reporteira Beatriz Campos irá na busca do campaneiro, Ramón Montero, que lle explicará os toques de campá con sentido relixioso (alba, ángelus, ánimas, a morto, a misa, etc.). Tamén a porá na pista dunha das campás máis antigas de Galicia, “A Paula”, en Mondoñedo. Alí coñecerá a Valentín Insua, o derradeiro campaneiro que segue a tocar a man as campás nunha catedral española. Insua faralle unha demostración dos diferentes xeitos de tocar e voltear unha campá de varias toneladas. CORPORACIÓN RADIO E TELEVISIÓN DE GALICIA |
---|---|
Vídeo HD |
![]() |
||