Curso breve e práctico de campaneiro

Aprender

¡A túa parroquia pódete necesitar en calquera momento! Xa non queda xente que saiba tocar as campás. Pero non te preocupes: podemos solucionalo. Aprende neste curso a partir das mostras sonoras recollidas polo Arquivo Sonoro de Galicia na parroquia de Ouzande (A Estrada). O intérprete é o último campaneiro da comunidade: Alfonso Cheda. Grazas á Asociación Cultural "A fervenza de Ouzande" polo apoio prestado. Gráfico: Manuel Gago

Sinal de morto

Dá sinais de morto

Oito ou dez badaladas espaciadas na grande que rematan cunha na pequena. A seguinte na grande dáse inmediatamente.

O enterro

Lentamente:1) Dúas na grande e unha na pequena. Unhas 6-8 veces.2) Dúas na pequena e unha na grande

Chamar á misa

Tócase a grande de máis a menos forza e cada vez máis rápido. Logo faise o mesmo coa pequena. E logo tócane as dúas campás sucesivamente á maior velocidade posible.

Chamar á festa

Repenícase o tempo preciso. Os máis virtuosos atrévense con ritmos musicais diversos.

¡¡Incendio!!

Temos lume nos montes comunais! Avisa aos teus veciños. Tes que tocar a un bo ritmo as dúas campás ao mesmo tempo.

CULTURA GALEGA

Cultura Galega (28-10-2005)

  • Igrexa de San Lourenzo de Ouzande - A ESTRADA: Campás, campaneiros e toques
  • A ESTRADA: Campás, campaneiros e toques
  • CHEDAS SANGIAO, ALFONSO (OUZANDE) (A ESTRADA) : Toques e outras actividades
  • Grabacións de toques: Bibliografía

     

  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Cultura Galega (2005)
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 26-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 85 Visitants: 85 Usuaris: 0