¿Quen dá máis por levar o santo?

Os veciños de Tribás, en Pantón, recadaron fondos para as festas cunha poxa na que está en xogo o privilexio de portar as imaxes o día da procesión

¿Quen dá máis por levar o santo? - Autor: CEDIDA
¿Quen dá máis por levar o santo? - Autor: CEDIDA

Puxar por algo pode ser unha actividade bastante corrente. Son moitos os que se aventuran a participar nunha poxa por un vehículo ou unha vivenda. Con todo, puxar por un santo xa non é tan usual. Sábeno ben os veciños de Fontao, pertencente á parroquia de Tribás no municipio de Pantón, que recurrren a esta curiosa fórmula para recadar fondos para a organizaicón das festas.

Neste pequeno pobo poden facer alarde de saber conservar as súas tradicións. A pesar de ser poucos veciños, e cada vez menos, todos se esforzan por manter as súas festas en honra a San Bartolomeu. Os festexos celébranse ano tras ano os días 24 e 25 de agosto, sen importar en que día da semana caígan. Ambas as xornadas contan cunha misa e unha procesión, pero a segunda é máis especial porque é cando o campo que usan para as súas festas énchese, non só de música e veciños, senón tamén de santos. Once para ser exactos, por loq ue poden puxar veciños e visitantes.

O venres 25, fieis á tradición e á data, comezou a peculiar poxa de Tribás. Á un do mediodía os once santos do pobo xa cruzaran a porta da igrexa para colocarse, todos en fila, no campo dos festexos. Independentemente do tamaño ou do santo do que se tratase, todos eles se deixaron levar polo mellor ofertante. Non é necesario ser do pobo para formar parte desta peculiar poxa. A cantidade que se dá por cada figura adoita oscilar entre os cincuenta e os douscentos euros.

Este ano a poxa máis alta foi de 230 euros pola Virxe dos Dolores . Aproximadamente recadáronse mil euros, como case sempre. Co diñeiro que se consegue celébranse as próximas festas. A propia comisión de festexos, que non cambiou nos últimos cinco anos, é a que se encarga diso. Aínda que talvez algún santo tamén interceda para que sexa así.

A poxa adoita durar unha hora. Durante este tempo salgue a relucir a retranca dos veciños e algunha pulla acaba sobrevoando a cabeza das figuras mentres a cifra da poxa non para de subir. Pero a poxa ten o seu propio procedemento interno. Cada casa ten como tradición puxar sempre por un santo. O mesmo polo que xa puxaban anos atrás os seus avós. E incluso bisavós. En Tribás saben que é manter un costume.

Ao final, a familia ou persoa que presenta a cantidade máis alta é a encargada de levar a figura de volta á igrexa e ao ano seguinte será a que o porte durante a procesión. Ademais diso a crenza é que quen se ocupe disto terá durante todo o ano a protección e o amparo do santo polo que teña puxado.

Poxa de campás

Os santos non son os únicos que salguen a poxa. Tamén se puxa por haver soar as campás da igrexa no campo das festas. A cantidade é moito menor que a que se ofrece polas figuras, e é que as campás non amparan ao campanero. Por elas adoitan darse entre cincuenta e oitenta euros. A persoa que gañe a poxa ten que subirse ao campanario, cunha porta diminuta que dificulta o acceso, e debe facer repicar as campás durante a entrada e a saída dos once santos da igrexa. Este ano a tarefa a recaído novamente no mesmo home, que leva tocando as campás desde os doce anos e actualmente ten 37. Pero isto tamén é unha tradición familiar que non deixaron caer no esquecemento, xa que o anterior campanero era o pai deste home.

Ademais da poxa polos santos e as campás, tamén hai un día no que se fai a típica pancetada popular e, como en case todos os festexos de pobos, independentemente de que teñan poxa ou non, organízanse diversas actividades para os máis pequenos. Tamén contan cun grupo de gaiteiros que se encarga de pórlle a música á procesión. E todo isto grazas ao diñeiro que recadan ano tras ano con este singular concurso que consegue manter a tradición e que os santos saiban como funciona o mundo fóra da igrexa.

A imaxe máis cotizada este ano foi a Virxe dos Dolores . Alguén puxo 230 euros para poder desfilar coa santa.

SALGADO, Miriam; L. D.

La Voz de Galicia (27-08-2017)

  • Igrexa de San Martiño de Tribás - PANTÓN: Campás, campaneiros e toques
  • PANTÓN: Campás, campaneiros e toques
  • Campaneiros: Bibliografía

     

  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © La Voz de Galicia (2017)
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 29-03-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 103 Visitants: 103 Usuaris: 0