Toques da Catedral de Mondoñedo

9 Xornadas Campás e Campaneiros - Organización: Asociación Cultural Os Chichisos

Tipos de sinaisCampás empregadasUbicación campaneiroMomento en que se produce e descrición dos toques
Divinos oficios en dias solemnes, pola mañaPaula
Esquilón novo
Esquilón vello
ArribaToque que se facía nos anos 20 as 8 da maña, para iniciar o hebdomadario e os divinos oficios en días solemnes:
  • Durante a primeira media hora con algúns intervalos, tocábase a Paula
  • Durante a media hora seguinte, tocábase por un cuarto de hora o esquilón vello e durante o seguinte cuarto de hora o esquilón novo

  • Divinos oficios en días normais, pola mañaPrima
    Esquilón novo
    Esquilón vello
    ArribaToque que se facía nos anos 20 as 8 da maña, para iniciar o hebdomadario e os divinos oficios en días normais:
  • Durante a primeira media hora con algúns intervalos, tocábase a Prima
  • Durante a media hora seguinte, tocábase por un cuarto de hora o esquilón vello e durante o seguinte cuarto de hora o esquilón novo

  • Divinos oficios en dias solemnes, pola tardePaula
    Esquilón novo
    ArribaToque que se facía nos anos 20 as 8 da maña, para iniciar o hebdomadario e os divinos oficios en días solemnes:
  • Durante o primeiro cuarto de hora con algúns intervalos, tocábase a Paula
  • Durante o cuarto de hora seguinte, tocábase por un cuarto de hora o esquilón novo

  • Divinos oficios en dias normais, pola tardePrima
    Esquilón vello
    ArribaToque que se facía nos anos 20 as 8 da maña, para iniciar o hebdomadario e os divinos oficios en días solemnes:
  • Durante o primeiro cuarto de hora con algúns intervalos, tocábase a Prima
  • Durante o cuarto de hora seguinte, tocábase por un cuarto de hora o esquilón vello

  • Toque a coroPrima
    Esquilón novo
    ArribaToque que se facía a partis dos anos 50, un as 10 menos cuarto da maña e outro as sete menos cuarto da tarde, para chamar os canonigos a coro (este toque conservase solamente o sábado para manter a tradición):
  • Durante un cuarto de hora valancease un pouquiño a Prima e despois tocase o esquilon novo ata cumplir un cuarto de hora.

  • Toque a partoPetraArribaAta aproximadamente 1911, tocábase a campana Petra para anunciar que iba a nacer un neno, e especialmente tocábase nos partos que se consideraban iban a ser difíciles: (Álvaro Cunqueiro, ten escrito na sua casa natal, que él fora un dos últimos mindonienses polo que a campá Petra tocara a parto)
  • Tocábanse 9 badaladas na campá Petra, para que as persoas que a escoitaran, rezasen para que todo fose ben no parto
  • Este toque suprimiuse en algunhas catedrais, debido a que as mulleres, que se supoñían iban a ter un parto fácil, poñías nerviosas o escoitar ese toque

  • A Ave María, o amencer, as doce e o anoitecerPaulaArriba e abaixoNa actualidade mantense o toque as doce, os xoves e os Domingos:
  • Tócanse 33 badaladas espaciadas na Paula
  • En algúns sitios con murallas, este último toque do avemaría o anoitecer significaba que en pouco tempo, casi coincidindo co toque de ánimas se pechaban as portas das murallas (desconozco si aquí en Mondoñedo cando tiñamos murallas, podría ocurrir o que comentei anteriormente, pero seguramente así fora)

  • Toque a ánimasPaula
    Prima
    Ronda
    ArribaNos anos 20 tocábase todos os días a ánimas, as 8 en inverno e as 9 no verao:
  • Tocábase espazadamente 1 badalada na Paula, 1 badalada na Prima, 1 badalada na Ronda (facíanse 3 voltas desta maneira), para rematar co ultimo toque na Paula

  • Toque o alzarPaulaArriba e a medio subir nas escaleiras da torreEste toque facíase en algunhas misas cando se facía a consagración do pan e do viño, e era o mismo que tocar a campanilla na propia misa, soamente tocábase a Paula para que a xente que estaba traballando, soupose o que ocorría nese momento, e parase o traballo para rezar en un instante:
  • 3 badaladas espaciadas na consagracion, estabamos no rosetón e cando ian alzar corriamos para tocar a campá.

  • Toque a incendio o calquer outra calamidadePaulaArriba
  • Tocábase a Paula dunha forma continua e rápida durante o máximo tempo posible para avisar a xente.
  • No último incendio que se tocou en Mondoñedo, estuven na torre con meu pai e non soamente tocou él a Paula, sinon que tamén lle axudara eu tocando a Prima, para que o són forma máis intenso (e alarmase moito mais)

  • Toque a anxelPetra
    Bárbara
    ArribaToque para cando morría un neno:
  • 1 toque na Petra e un na Bárbara dúas veces cada un e despois 3 toques seguidos na Petra. A continuación alternativamente 1 toque na Bárbara e un na Petra o terceiro toque na Bárbara 3 toques seguidos na Petra (3 voltas de esta maneira), o final si e un neno tres toques xuntos na Patra e na Bárbara, e si fora unha nenan 2 toques xuntos

  • Toque a agonía (canónigo)Petra
    Bárbara
    ArribaTocase cando te avisan que morreu alguien, e neste toque tamén se dan as sinais de si e unha muller, un home, un sacerdote, un canónigo etc. E faise da seguinte maneira:
  • 33 campanadas na Bárbara, retendo o badal contra a campá para recortar o seu són
  • Despois na campá Petra, tócanse as sinais: 2 para indicar si e unha muller, 3 para un home, 4 para un sacerdote, 5 para un canónigo etc.

  • Toque a mortoPetra
    Bárbara
    Prima
    Ronda
    Paula
    ArribaUnha vez tocado a agonía, unhas horas despois faise o primeiro toque a morto, e o día seguinte si o enterro e por exemplo pola tarde, tocase a morto media hora pola maña, e a hora do enterro empezase a tocar media hora antes de saír do tanatorio ou da casa e tocase ata que chega a igrexa, nese momento finalizase:
  • 3 toques seguidos na Petra
  • 3 toques seguidos na Bárbara
  • 3 toques espaciados na Prima
  • 3 toques espaciados na Ronda
  • 3 toques espaciados na Paula
    E así sucesivamente, nas campás Petra e Bárbara o toque e como si dixera: ven, ven, ven, vai, vai, vai.

  • Toque a cabodanoArribaE o mismo toque que a morto
    RepeniquePetra
    Bárbara
    ArribaEste toque faise antes do volteo das campás maiores, e consiste en un toque conxunto das dúas campás Petra e Bárbara.
    Meu tío Manuel Seivane tamén facía un repenique, que utilizaba algunha vez para anunciar algunha misa e que consistía en un toque conxunto das campas Petra e Bárbara que collías as cordas con unha mán, e coa outra collía a corda do esquilón novo, e o pé ataba a corda da campá Ronda, e con todas elas facía un repenique fantástico, según me ten comentado meu pai. (Nos farémolo con tres campás Petra, Bárbara e Ronda, pero dúas persoas)

    Volteo de campásPaula
    Prima
    Ronda
    ArribaEste toque iniciase co repenique anterior e fiase en solemnidades, procesións, por exemplo o Gloria o Xoves Santo, e o Sábado Santo as 12 da noite, nas sa Lucas, en Corpus, San Roque, o día da Asunción, San Rosendo, Baixada e Subida da Virxen dos Remedios, o dia de Noiteboa, etc.
  • Repenique corto
  • Volteo completo da Paula
  • Volteo completo da Ronda
  • Balanceo da Prima
  • Rematase con outro repenique corto

  • Falta campaneiroCalendaArribaEste toque facíase dende abaixo na Calenda e era porque o campaneiro non había chegado a tocar a torre, e entón para que comezase o coro o non tocar o esquilón, tocábase esta campá.

    Semana SantaCarracaArribaNa Semana Santa como non se poden tocar as campás dende o xoves pola tarde, entón o venres e sábado tocábase a carraca.

    Volteo da RondaRondaArribaA campá Ronda volteouse antes da gravación dos toques para calibrar o nivel sonoro. A campá voltea sola.

    Roda de campásMuseoRoda de campás actualmente exposta no museo

    ÍNSUA PALACIOS, Valentín

    (17-09-2016)

  • MONDOÑEDO: Campás, campaneiros e toques
  • ÍNSUA PALACIOS, VALENTÍN (MONDOÑEDO) : Toques e outras actividades
  • Lista de toques: Bibliografía

     

  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    Buscar campá, campanario, poboación, fundidor, ano fundición, epigrafia, autor, artigo
    © Campaners de la Catedral de València (2017)
    campaners@hotmail.com
    : 17-10-2017
    Convertir a PDF