Campás e Campaneiros - Catedral Basílica da Asunción Mondoñedo

11:00 h: Demostración dos toques das campás, polo campaneiro Valentín Ínsua Palacios, e gravación dos mesmos


A Asociación Cultural Os Chichisos organizamos por 9º ano as “XORNADAS CAMPÁS E CAMPANEIROS”este 2016 na CATEDRAL BASÍLICA DE MONDOÑEDO,LUGO.Con elo queremos seguir dando a coñecer este PATRIMONIO SONORO cunha demostración de tódolos toques tradicionais que a través das campás se producen, tales como avisos de parto, mortes, chamadas a misa, avisos de incendios,volteo de campá etc. e inventarialos.

Cada vez quedan menos campaneiros que sexan coñecedores dos diferentes toques ou sinais para comunicar os distintos acontecementos sociais, sendo sustituídos por aparellos electrónicos que desenrolan a labor de tanxer as campás, ao mesmo tempo que os cidadáns tampouco identificamos o que se transmite a través desta LINGUAXE TRADICIONAL. Todos as sinais das campás (Paula,Prima,Petra,Ronda,Bárbara,etc.) serán gravados, traballando así na recuperación do patrimonio sonoro de Galicia, é dun xeito especial dos sons en perigo de extinción, que é o caso que nos ocupa.

OS CHICHISOS QUEREMOS DAR AS GRACIAS A VALENTÍN ÍNSUA CAMPANEIRO DA CATEDRAL DE MONDOÑEDO POR FACILITARNOS CON TODA DISPOSICIÓN E CARIÑO ESTA TAREA ASÍ COMA O SR. DEAN DE DITA CATEDRAL.

OS CHICHISOS

[pdf]

chichisos.wordpress.com (17-09-2016)

  • MONDOÑEDO: Campás, campaneiros e toques
  • ÍNSUA PALACIOS, VALENTÍN (MONDOÑEDO) : Toques e outras actividades
  • Grabacións de toques: Bibliografía

     

  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    Buscar campá, campanario, poboación, fundidor, ano fundición, epigrafia, autor, artigo
    © chichisos.wordpress.com (2016)
    © Campaners de la Catedral de València (2017)
    campaners@hotmail.com
    : 21-10-2017
    Convertir a PDF