A igrexa de Ventosa celebrou o seu 800 aniversario estreando un repique de campás electrónico

A igrexa románica de Ventosa cumpriu onte o seu 800 aniversario cunha emotiva cerimonia na que non se esqueceu de todos aqueles que fixeron posible a construción deste templo, cuxa beleza lle outorgou o título da catedral do rural galego e que onte se vestiu de gala.

O acto coincidiu coa celebración nesta parroquia do municipio de Agolada das festas patronais do Faro. Onte a misa, en honra tamén a tan especial aniversario, estivo presidida polo bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, que estivo acompañado por preto dunha decena de sacerdotes, entre eles o párroco de Ventosa, Arsenio Galego e o franciscano José Manuel Casal. Os oficiantes aproveitaron tamén para bendicir un novo repique electrónico de campás que a igrexa estreou onte e un cruceiro de pedra que foi colocado no campo da festa a imaxe e semellanza dun antigo que foi esnaquizado polo impacto accidental dun coche.

LALÍN - LA VOZ

La Voz de Galicia (10-09-2012)

  • Igrexa Románica de Ventosa - AGOLADA: Campás, campaneiros e toques
  • AGOLADA: Campás, campaneiros e toques
  • Electrificación, mecanización sen restauración: Bibliografía

     

  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © La Voz de Galicia (2012)
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 19-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 73 Visitants: 73 Usuaris: 0