A aula de informática de Bertamiráns pon en marcha a actividade Badaladas: a lingua das Campás

A aula de informática de Bertamiráns en colaboración co Concello de Ames están a traballar no obradoiro Badaladas: a lingua das campás. Esta iniciativa, que nace coa idea de ofrecer novos contidos de interese para a poboación amiense na Internet, pretende que se volva a vivir a tradición do son das campás. Promover o acceso democrático ás tecnoloxías da información e a comunicación ou crear un centro de documentación dixital que recolla o son dos campanarios de Galicia son algún dos obxectivos que se perseguen con esta actividade.

A lingua das Campás, nace coa idea de ofrecer na Internet novos contidos de interese para a poboación galega, e que sexa esa mesma poboación a que participe activamente no crecemento da rede. Así búscase a inmersión nas novas tecnoloxías a través da promoción das nosas tradicións, polo que tratan de conservar e recompilar as nosas sinais de identidade. Neste caso é o son das badaladas que enchen o silencio das aldeas.

Durante moitos anos o son das campás tivo un lugar protagonista nas nosas comunidades. A súa labor non era só chamar á xente para que acudira á igrexa senón que era o principal medio de comunicación no rural. Segundo como se marque o ritmo no repicar das campás a xente sabía que había boas ou malas novas. Agora moi poucos sabemos recoñecer esa linguaxe, así a aula de informática e o concello de Ames esperan que con esta iniciativa se poidan recuperar.

Entre os obxectivos que se queren acadar con esta actividade atópanse o de promover o acceso democrático ás tecnoloxías da información e a comunicación, xerar un espazo de recompilación da cultura local e da comunidade galega, crear un centro de documentación dixital que recolla o son dos campanarios de Galicia e favorecer a participación dos galegos e galegas residentes noutros puntos de España e estranxeiro a través da rede. A través da Internet e con actividades como estas, provócase que os nosos paisanos e paisanas coñezan os procesos de transformación e cambio que se producen na comunidade e que sexan partícipes deles, usando como vehículo a rede.

Para solicitar máis información sobre a iniciativa poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Ames, sito na aula de informática da Casa da Cultura de Bertamiráns (Praza de Chavián, s/n), ou enviar un correo electrónico á responsable da aula de informática. Tamén poden entrar na páxina web de Badaladas.


CONCELLO DE AMES

Concello de Ames (08-10-2009)
  • Aula de informática de Bertamiráns - AMES: Campás, campaneiros e toques
  • AMES: Campás, campaneiros e toques
  • Grabacións de toques: Bibliografía

     

  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Concello de Ames (2009)
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 12-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 40 Visitants: 40 Usuaris: 0