Rectificación



Alá atrás colgabamos por eiquí un documento do ano 1773 sobre o pago de 205 reás e 30 maravedises ao mestre de campás, Juan Cedrón, “por haber ondido la campana” da desaparecida igrexa de San Xoán de Becerreá, conxecturando que, ao non rexistrarse nos libros de fábrica as campás que hai na moderna igrexa, consagrada no ano 1927, esa do último terzo do século XVIII podería ser unha das que se ve no templo actual (foto 1). José Manuel Abel Expósito comentou entón que, pola tipoloxía, parecíalle raro que foran dese século, dicindo que debían ser de finais do XIX ou principios do XX. Uns días despois chamoume Xosé Troiano Carril, administrador da páxina Campás e reloxos monumentais de Galicia, dicíndome que atopara noutra parte de Galicia unhas campás semellantes (foto 2), pero coa particularidade, ao contrario do que acontece coas de Becerreá, de que nesas figura a data: a principios do século XX. Como se pode ver son calcadiñas. Polo tanto, aí queda a rectificación, e o noso agradecemento a José Manuel e a Xosé por axudarnos a completar a súa historia. Polo tanto, o lóxico é que as campás non se fixeran para a antiga igrexa (temos documentos onde figura que principios do século XX estaba totalmente arruinada), senón para a nova que comezou a contruírse no 1904 pero que, por distintas causas (principalmente pola falta de cartos), as obras foron demorándose.

MOURE SALGADO, Xabier

Xabier Moure / Facebook (24-06-2022)

  • Igrexa de San Xoán - BECERREÁ: Campás, campaneiros e toques
  • BECERREÁ: Campás, campaneiros e toques
  • CEDRÓN, JUAN : Inventario de campás
  • Campanas (inscripcions, descrición): Bibliografía

     

  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Xabier Moure / Facebook (2022)
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 23-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 30 Visitants: 30 Usuaris: 0