Debeu ser no tempo do citado don Pedro "dos Cachos" cando desapareceu "A Cadela", nome que recibía porque "ladraba moi alto", a campá da igrexa, famosa en toda a contorna por alonxar as treboadas. Nun principio creuse que foran uns ladróns que a tiraron ao Pozo do Piago, en Neira de Rei, pero transcorrido algún tempo sóubose que a levara o Nubeiro, un ser mitolóxico galego responsable das tormentas e dirixir os raios a vontade. Uns din que é un anxo caído, outros un espírito maligno. Anda polas nubes e nelas trasládase dun lugar a outro. Ás veces baixa á terra para comprobar o resultado das súas fazañas.
Foi durante a Guerra Civil cando caeu sobre Fontarón unha gran pedrada. Os vellos, lembrándose da vella campá, dicían: "Se estivera a Cadela non apedraba".
"Tocan os frades a campá/pra escorrentar o nubeiro,/ben eles sudan pra encher/pra todo o ano o granceiro".
(Achegada por José Osorio e Suso Telo).
© Arqueoloxia dos Ancares (2022) © Campaners de la Catedral de València (2024) campaners@hotmail.com Actualización: 25-04-2024 |