INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORÁNS - Xeiras IEM 2019 Nigrán

Xeiras IEM 2019 Nigrán

Paseo fluvial e toque de campás en Parada

Mércores 31 de xullo ás 18:30h


Igrexa de Parada - Autor: CONCELLO DE NIGRÁN

O mércores 31 de xullo terá lugar unha nova xeira dentro do programa das Xeiras de verán 2019 coa colaboración do concello de Nigrán titulada Paseo fluvial e toque de campás en Parada. Será guiada por Anxo Rodríguez Lemos e Xosé Ramón García.

O percorrido estará acompañado de dúas intérpretes en lingua de signos.

DATA- Mércores 31 de xullo.

LUGAR– Nigrán.

HORA-18:30h

DURACIÓN- Aprox.3h

PUNTO DE ENCONTRO– Muíño Porto do Molle.

Á beira do muíño do Porto do Molle sairá a vindeira xeira do IEM, o mércores 31 de xullo de 2019 ás 18:30h. baixo a guía do historiador Anxo Rodríguez Lemos e o botánico Xosé Ramón García. Case que ao fondo do actual polígono industrial do Porto do Molle arrecende aínda a millo recén moído en muíño comesto polo mato. As mans enfariñadas do Xirín do Lodeiro prenden en nós o recordo da vida existente no río do Barxío, da trafega de abrir e pechar a Alberca do Pombal, A Alberca do Rabo ou a da Ponte da Barxa. Corren os fuxidos agochados entre as medas nos Cruxoles, sube a Santa Compaña pola Costa do Pipa mentres o Demo Burlón emprende o seu andar polo camiño do Solgo. Ao lonxe coroa a campiña de Parada de Miñor a Casa Grande do cabaleiro Suero Yáñez de Romay. Adiantado maior de Galicia polo rei don Pedro, O Cruel, don Suero ostentaba na súa Casa do Cruceiro as armas dos Araúxo e Valverde xunto ao privilexio de perdón obtido botando man de cadeas penduradas, segundo algúns no pazo, para outros, na igrexa románica do Señor Santiago. Alí, no alto da súa espadana, repican as campás e non se sabe por quen nin porqué? Síntelas? Non podes perder a ocasión de achegarte á nosa natureza, historia e tradición dun xeito diferente.

INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORÁNS

Instituto de Estudos Miñoráns (27-07-2019)

  • Parroquia de Santiago de Parada - NIGRÁN : Campanas, campaneros y toques
  • NIGRÁN : Campanas, campaneros y toques
  • RODRÍGUEZ LEMOS, ANXO (BAIONA) : Toques y otras actividades
  • Conciertos de campanas: Bibliografía

     

  • Volver a la página anterior
  • Menu inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Instituto de Estudos Miñoráns (2019)
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 25-04-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 93 Visitants: 92 Usuaris: 1 - francesc