Igrexa de San Martiño de Lanzós - VILALBA GALICIA

Campás actuais

Maior

(Referencia 22479)

Localización Espadana
FundidorBLANCO LEMOS, ANTONIO
Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en Monforte de Lemos (Lugo) por Antonio Blanco.
Terzo (T) 3 cordóns /
JHS Y MARIA ANO DE .... /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de 4 chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto presenta unha figura de Santa Bárbara na parte superior e na inferior un sinete rectangular coa inscrición: "FUNDICION / DE / Antonio Blanco / MONFORTE".
Medio pé (MP) 3 cordóns.
1 cordón.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Combinación de badalo cunha corda e electro-mazo interior.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • FRANCO BARROS, Oscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (20-11-2023)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 27-11-2023
4 Fotos

Menor

(Referencia 22480)

Localización Espadana
FundidorBLANCO PALACIOS, ANTONIO (MONDOÑEDO)
Ano de fundición 1885
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1885 por Antonio Blanco Palacios en Mondoñedo (Lugo).
Terzo (T) 2 cordóns /
JEᲷUS MA Y JOSE A NO DE 1885 ѧ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal formado a base dunha figura de Santa Bárbara e o sinete coa inscrición "ME HIZO ANTº / BLANCO Pᴸᴼᶳ / EL MINDONIENSE". Os brazos da cruz teñen remates a modo de potenzada. Ten unha decoración vexetal (pétalos). Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
1 cordón.
Cepo Xugo de madeira e pedra en malas condicións.
Mecanismos de toque Combinación de badalo cunha corda e electro-mazo interior.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • FRANCO BARROS, Oscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (20-11-2023)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 27-11-2023
5 Fotos
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 22-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 26 Visitants: 26 Usuaris: 0