| Localización |
Espadana |
---|
Fundidor | DE LA SOTA, JUAN MARÍA |
---|
Ano de fundición |
1907 |
---|
Descricion |
Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1907 por Juan María de la Sota en Lugo. |
---|
Terzo (T) |
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE AÑO DE 1907 /
2 cordóns /
greca con motivo vexetal pegada ó cordón inferior. |
---|
Medio (M) |
Presenta unha cruz con pedestal de 3 chanzos con decoración vexetal (pétalos). Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes. A certa distancia do pedestal, no lado dereito unha imaxe dunha Custodia e no lado esquerdo a imaxe dunha Santa Bárbara. Neste lado, preto da stipes ollamos unha lagartixa.
No lado oposto, Un escudo típico do fundidor e debaixo desta, o sinete rectangular coa inscrición: "Juan Mª de la Sota / Lugo". |
---|
Medio pé (MP) |
3 cordóns, |
---|
Pé |
1 cordón. |
---|
Cepo |
Xugo de madeira. |
---|
Mecanismos de toque |
Badalo cunha corda. |
---|
Valoración |
Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
---|
Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais. |
---|
Autors da documentación- TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (28-09-2023)
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
---|
Actualización |
28-09-2023 |
---|
| 7 Fotos |
---|
|