Localización |
Espadana |
---|
Ano de fundición |
1764 |
---|
Descricion |
Campá única pendurada da pequena espadana da capela de Santo Antón de Momán. Fundida en 1764 por autor anónimo. |
---|
Terzo (T) |
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSEPH ⁎ANO⁎DE⁎1764⁎ /
2 cordóns. |
---|
Medio (M) |
Presenta unha cruz con pedestal de 4 chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración dunha estrela de oito puntas. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes. |
---|
Medio pé (MP) |
2 cordóns. |
---|
Cepo |
Xugo de madeira. |
---|
Mecanismos de toque |
Badalo que se toca por medio dunha panca con cadea situada no lado dereito do xugo. |
---|
Valoración |
Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles para incluir a campá e o xugo polo interese do seu conxunto. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación. |
---|
Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais. |
---|
Autors da documentación- TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (30-04-2021)
|
Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
---|
Actualización |
11-09-2023 |
---|
| 6 Fotos |
---|