
| Descricion |
Edificación relixiosa feita a base de cantaría granítica labrada e escuadrada, de planta rectangular cunha soa nave, e cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas. Todos os esquinais presentan pináculos.
A fachada principal, con pilastras laterias, presenta porta de aceso enmarcada e con arco conopial. Por riba dela un ocelo con derrame interno, dúas fornelas con imaxes pétreas e un reloxo de agullas.
O conxunto remata cunha torre espadana en posición central, con balaustrada, dúas alturas e remate en cúpula octogonal.
A romaría do Santo Cristo da Agonía celébrase o oitavo domingo despois da Pascoa (domingo de Trindade). É unha das romarías máis importantes da provincia. Aínda que se descoñece a súa antigüidade, algúns historiadores sosteñen que ven dos inicios do século XVII.
Os ofrecidos colócanse no interior de cadaleitos abertos para pedir os favores do Santo Cristo.
Tamén era tradición a procesión do Santo Encontro onde os veciños de parroquias limítrofes levaban as imaxes da Virxe ata o adro desta igrexa. |
---|
Campás |
4 campás; 3 na torre-campanario e 1 no muro lateral. |
---|
AutorFRANCO BARROS, Oscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (11-03-2023) FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (11-03-2023) |
|